Reunión coa Dirección Territorial de Galicia da ITSS

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do 14 de setembro, o Director Territorial de Galicia da Inspección de Traballo e Seguridade Social, D. Demetrio Ángel Fernández y López, recibiu a unha representación da Xunta de Goberno do Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, encabezada por Dª Susana Soneira Lema, Presidenta; D. Alejandro Pérez Otero; Vicepresidente 1º e Secretario Xeral; D. José Ramón Lage Cerviño, Vicepresidente 2º e  D. Roberto Barros López, Vogal Exercente desta Corporación.

    No encontro, os representantes do Colexio deron a coñecer as principais inquietudes dun colectivo que tivo e ten un labor esencial para paliar as graves consecuencias desta crise socio-sanitaria xerada polo Covid-19.  Así mesmo, o Director Territorial, agradeceu o traballo realizado polos Graduados Sociais durante estes meses, acordando incrementar a colaboración entre ambos os organismos, e así realizar reunións periódicas para poder dar resposta a todas as incidencias ou consultas que se produzan entre os colexiados, e informar das novidades.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6d0b6608beb44f6ea6a4e22824099b0c.jpg

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].