Etiquetas:
[slide]

[/slide]
Na mañá do 22 de febreiro, o presidente da Deputación Provincial da Coruña, D. Valentín González Formoso, recibiu a membros da Xunta de Goberno do Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, encabezada pola súa presidenta, Dª Susana Soneira, D. Manuel Vázquez Regueira, Secretario Xeral, D. Roberto Barros López, D. José Mª Santiago García, D. Jesús Vázquez Conde, Vogais Exercentes, Dª Olga Ruiz Rodríguez, Vogal non Exercente e D. Celestino Vieites Sánchez, Xerente desta Corporación.
No encontro, os representantes do Colexio deron a coñecer as actividades que desenvolven en materia de relacións laborais e en especial informaron o presidente da Deputación, sobre a posta en marcha da iniciativa social para atender as necesidades de persoas con dificultades económicas que necesiten consello en materia laboral, coberturas de desemprego, réxime de Seguridade Social ou calquera outro aspecto vinculado aos dereitos dos traballadores. Trátase do "Servizo de Orientación Gratuíto", que se desenvolve de forma voluntaria desde a entidade colexial.
Dª Susana Soneira Lema aproveitou este encontro para propoñerlle a D. Valentín González Formoso, a difusión deste servizo desde a Deputación para que chegue ao máximo número de potenciais beneficiarios, á vez que expuxo posibles colaboracións no futuro para aproveitar as sinerxias de ambos os organismos.