Categorías:
Na mañá do xoves 11 de abril, José Lage Cerviño, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, asistiu a unha reunión na Delegación Especial da AEAT, con motivo do recente nomeamento de Miguel Cárcaba Menéndez como novo Delegado Especial da AEAT en Galicia.
Nesta primeira reunión de presentación, desenvolta nun ambiente de máxima cordialidade, sentaron as bases para fidelizar as sinerxias de colaboración que redunden no beneficio das actuacións nas que están involucradas ambas as institucións.
Á mesma, tamén asistiron representantes doutras corporacións: Miguel Ángel Vázquez Taín, Decano do Colexio de Economistas da Coruña; Pilar Otero Moar, Presidenta do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia; Agustín Santiago Fernández Pérez, Secretario Xeral do Colexio de Economistas da Coruña e Diego Víboras Cabañero, Delegado Territorial de Galicia da AEDAF.
