Reunión co Concello de Ferrol sobre o Servizo de Orientación

    Categorías:

    O 2 de maio de 2018, o alcalde de Ferrol D. Jorge Juan Suárez Fernández, recibiu no Concello a unha representación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense formada pola Presidenta, Dª Susana Soneira Lema, o Vicesecretario, D. José Ramón Lage Cerviño e o Vogal Exercente-Delegado en Ferrol, D. Roberto Barros López.

    O motivo da visita foi a presentación do noso Servizo de Orientación Xurídico-Laboral Gratuíto, que o Colexio vén ofrecendo a aquelas persoas que o precisen como unha orientación inicial para canalizar os problemas laborais, xurídicos-laborais e de Seguridade Social, nos que se ven inmersos.

    Esta iniciativa foi do agrado do rexedor municipal, que se comprometeu a colaborar coa nosa corporación trasladando o seu encargo o responsable da área municipal, e así poder ofertar o servizo nun prazo breve de tempo.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=d0318d6bc25e4fc68b2ed8505601d79b.jpg

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].