Reunión co Concello da Coruña para presentar o SOJLG

    Categorías:

    Durante a mañá do 16 de febreiro, representantes da Xunta Directiva do Colexio de Graduados da Coruña e Ourense, reuníronse co Tenente de Alcaldesa da Coruña, Juan Ignacio Cordeiro, para presentarlle as accións que desenvolve a entidade colexial, especialmente o servizo de asesoramento xurídico laboral gratuíto, así como para promover espazos de colaboración entre ambas as institucións. Ao encontro asistiron o Vicepresidente Segundo da entidade, José Ramón Lage Cerviño; o Secretario Xeral, Miguel Ángel Domínguez Losada, e o Vogal Exercente, Guillermo Hermida Grandío.

    Juan Ignacio Cordeiro, mostrouse moi interesado por este servizo, e comprometeuse a ofrecer todo o apoio posible, desde o  Concello da Coruña, para a súa difusión e para a canalización de peticións de veciños e veciñas da cidade que poidan precisar deste asesoramento especializado. Na súa opinión, é fundamental que existan este tipo de axudas para as persoas con menos recursos, sobre todo tendo en conta o actual contexto tras as restricións pola pandemia, que afectaron a numerosos autónomos, pemes e traballadores por conta allea.

    Tamén durante o transcurso do encontro, os representantes colexiais, explicaron ao tenente de alcaldesa o papel tan destacado que teñen os graduados sociais no ámbito da xustiza social, que se puxo de relevo especialmente durante a pandemia, xa que como especialistas en relacións laborais foron os que asumiron todo o peso da xestión dos expedientes de ERTE ou de cesamento temporal da actividade. De feito, foron declarados profesionais esenciais no Decreto Lei do 29 de marzo de 2020, do mesmo xeito que outros colectivos que estiveron en primeira liña durante a crise sanitaria.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=fd2e43bfa70d48b08d95860abc102ce7.jpg

     

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].