Categorías:
Na mañá do xoves 10 de outubro celebrouse na Universidade de Vigo a cuarta edición da “Xornada Laboralista”, organizada polo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, xunto coa Fundación Xustiza Social e a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
O evento contou coa destacada participación de Rosa María Virolés Piñol, Maxistrada Emérita do Tribunal Supremo, e os Maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José Fernando Lousada Arochena e Ricardo Pedro Ron Latas, quen abordou temas clave como a responsabilidade empresarial no acoso laboral e a incapacidade permanente.
Respondendo á invitación dos nosos compañeiros de Pontevedra, asistiron en representación do noso Colexio: José Lage Cerviño, Presidente; David Doldán Palacios, Vicepresidente 1º; e Celestino Vieites Sánchez, Secretario, quen acudiu á Cidade Olívica para participar neste destacado evento.
[slide]




[/slide]