Categorías:

Un ano máis, a Escola de Práctica Laboral, continuando co seu plan de formación aos colexiados, organiza o “VI Curso de Práctica Xurídica de Actuación Profesional #ante os Órganos Xudiciais e Tribunais de Xustiza da Orde Xurisdicional Social” (PROCEDEMENTO LABORAL), dirixido, non só aos compañeiros que actúan no Xulgado, senón a todos os Graduados Sociais que no traballo diario do seu despacho, haberán de pensar que o seu asesoramento e xestión pode acabar na xurisdición, e é fundamental saber como funciona esta.
Para a impartición deste curso contaremos con:
- Iltmo. Sr. D. José Fernando Lousada Arochena, Maxistrado da Sala do social do TSJG
- Ilma Sra. Dª Pilar Carreira Vidal, Maxistrada do Xulgado do Social núm. 5 da Coruña
- Ilma Sra. Dª Patricia López Arranz, Maxistrada do Xulgado do Social núm. 6 da Coruña.
- Sr. D. Juan Rey Pita, Letrado da Administración de Xustiza do Xulgado do Social núm. 3 da Coruña.
- Sr. D. José Carlos Bouza Fernández, Avogado e Graduado Social.
- Sr. D. Benigno Fco. Sánchez García, Xefe da Inspección Provincial de Traballo da Coruña
- Sra. Dª Vitoria Regueira Rodríguez, Letrada do INSS
- Sra. Dª Beatriz Regos Concha, Avogada do despacho de asesoramento xurídico laboral externo CEC
- Sr. D. Pedro Manuel Pedreira Candal, Avogado da CIG
- Sr. D. Felipe Martínez Ramonde, Avogado da Asesoría Xurídica de CCOO da Coruña
O curso, dirixido a Graduados Sociais Colexiados e Estudantes de Relacións Laborais; terá unha duración de 20 horas, celebrarase no Salón de Actos do Colexio os días 3, 5, 10, 12, 17, 25, 26 e 31 de marzo e o 2 e 7 de abril, podéndose seguir en directo, mediante retransmisión por internet.
Se desexas asistir deberás inscribirte na Secretaría do Colexio por teléfono ou correo electrónico, antes do día 21 de febreiro.