Próxima Xornada Formativa (14 maio)

    Categorías:

    Taller monográfico sobre o Accidente de Traballo:

    “Delimitación xudicial do accidente de traballo in itinere e en misión”

    Continuamos coa celebración do noso Taller monográfico sobre o Accidente de Traballo. Para iso, estamos a realizar un segundo bloque de tres xornadas nas cales se abordará a delimitación xudicial do accidente de traballo, así como os diferentes aspectos relacionados segundo esteamos #ante un traballador por conta allea, conta propia ou TRADE.

    Nesta segunda sesión trataremos o concepto da “Delimitación xudicial do accidente de traballo in itinere e en misión”, dunha maneira moi práctica e participativa, que dea orixe a debate entre os relatores e asistentes.

    Día: Martes, 14 de maio de 2024.

    Horario: ás 17:00 horas.

    Modalidade: Online (plataforma Google Meet).

    Relator: Juan José Iribarne Andrés, Xestor e formador de FREMAP.

    Coordinadora: Mª José Dobarro Otero, Xestora e formadora de FREMAP.

    Presentan:

    • José Lage Cerviño, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.
    • Carlos Llanos Santos, Director Rexional de FREMAP en Galicia.

    Sen Custo: Dirixida exclusivamente a Colexiados Graduados Sociais e Precolexiados.

    Inscrición: Directamente na páxina web do Colexio ou no correo (colegio@graduadossociales.org), ata o día 10 de maio.

    Importante: Remitirase a cada rexistrado, unha ligazón única para o acceso ao mesmo, sendo requisito indispensable que o alumno dispoña dun dispositivo con cámara e micrófono.

    INSCRICIÓN

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].