Categorías:

Taller monográfico sobre o accidente de traballo:
Delimitación xudicial de accidente de traballo para o traballador por conta allea
Continuamos co Taller monográfico sobre o Accidente de Traballo. Para iso, iniciamos o segundo bloque de tres xornadas nas cales se abordará a delimitación xudicial do accidente de traballo, así como os diferentes aspectos relacionados segundo esteamos ante un traballador por conta allea, conta propia ou TRADE.
Nesta primeira sesión PRESENCIAL e ONLINE trataremos a “Delimitación xudicial do accidente de traballo para o traballador por conta allea” (requisitos e elementos do accidente de traballo, enfermidades do traballo, dolo e imprudencia temeraria e restantes apartados do artigo 156), dunha maneira moi práctica e participativa, que dea orixe a debate entre os relatores e asistentes.
Día: 4 de abril de 2024
Horario: de 17:00 a 18:30 horas.
Relator:
- José Luis Velázquez Sánchez, Coordinador Nacional da Asesoría Xurídica de Prestacións de FREMAP.
Coordinadora:
- Mª José Dobarro Otero, Xestora e formadora de FREMAP.
Presentan:
- Guillermo Hermida Grandío, Coordinador da Escola de Práctica Laboral do Colexio de GGSS da Coruña e Ourense.
- Carlos Llanos Santos, Director Rexional de FREMAP en Galicia.
Sen Custo: Dirixida exclusivamente a Colexiados Graduados Sociais e Precolexiados
Imprescindible inscrición: ata o 2 de abril.
Lugar: PRESENCIAL no Salón de Actos do Colexio e ONLINE con soporte na plataforma de Google Meet. Neste último caso, remitirase a cada inscrito, unha ligazón única para o acceso ao mesmo, sendo requisito indispensable que o alumno dispoña dun dispositivo con cámara e micrófono.