Procedemento Laboral (V Relatorio)

    Categorías:

    O día 12 de novembro celebrouse a quinta xornada da III Edición do Curso de Práctica Xurídica de Actuación Profesional ante os Órganos Xudiciais e Tribunais de Xustiza da Orde Xurisdicional Social.

    A charla foi presentada por Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta corporación e D. José Mª Santiago García, Responsable da Escola de Práctica Laboral.

    Nesta ocasión contamos coa presenza da Ilma. Sra. Dª Pilar Carreira Vidal, Maxistrada do Xulgado do Social nº 5 da Coruña, que durante dúas horas disertou sobre a modificación substancial de condicións traballo, mobilidade xeográfica, dereito de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e vacacións.

    O martes 17 de novembro, contaremos por segunda vez, coa intervención de D. Juan Rei Pita, Secretario Xudicial do Xulgado do Social núm. 3 da Coruña.

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.