Presentación Proxecto Agaxen

    Etiquetas:

    Na tarde do 20 de xuño, mantiveron unha reunión na sede desta corporación unha representación da Xunta de Goberno, co noso compañeiro D. Juan Luís Prado Álvarez, Vicepresidente de CEAL.

    Á mesma asistiron por parte do Colexio, de forma presencial:

    • Dª Susana Soneira Lema, Presidenta
    • D. Manuel Vázquez Regueira, Secretario
    • D. Miguel Ángel Domínguez Losada, Vogal Non Ejerciente

    E por videoconferencia:

    • D. Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º
    • D. Cándido Sanisidro López, Interventor-Contador.

    Durante o encontro, D. Juan Luís Prado presentou a súa nova iniciativa, AGAXEN (Asociación Galega de Profesionais da auditoría socio laboral de xénero, da prevención do acoso e da violencia de xénero nas Organizacións); esta asociación nace para asesorar e formar aos responsables de asesoría xurídica dos diferentes Colexios profesionais (40 en total) previa implantación/negociación dun protocolo, e así crear unha canle de denuncias directo para que as vítimas conten cun procedemento obxectivo.

    Este ambicioso proxecto está patrocinado pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia e estará apoiado por un convenio que asinasen nun acto o próximo día 25 de xuño en Santiago de Compostela, e ao que asistirá unha representación do Colexio.

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].