O pasado día 13 de decembro, celebrouse no Salón de Actos do Colexio a presentación da mellora da calidade dela Información nos partes de accidente de traballo, grazas á colaboración solicitada pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e contando coa colaboracion do ISSGA.
A xornada, á que asistiron numerosos colexiados, estivo presentada pola Presidenta desta Corporación Dª Susana Soneira Lema, que estivo acompañada por D. Manuel Núñez Carreira, Presidente do Colexio de Graduados Sociais de Lugo e Dª Mercedes Vexa Vázquez, Vicepresidenta do Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra.
Para a exposición da materia contamos coa Secretaria Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Dª Covadonga Toca Carús, e da Directora Xeral do ISSGA, Dª Adela Quinzá- Torroja García que explicaron aos asistentes as melloras na información nos partes de accidentes.