Presentación do Servizo de Orientación do Colexio Graduados Sociais de Lugo

    Categorías: Etiquetas:

    O día 07 de marzo, e atendendo á invitación dos nosos compañeiros do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, para acompañalos na presentación do seu Servizo de Orientación Xurídico-Laboral Gratuíto, acudiron en representación do noso Colexio Profesional: Dª Susana Soneira Lema (Presidenta), D. José Ramón Lage Cerviño (Vicepresidente 2º e Vicesecretario) e D. Miguel Ángel Domínguez Losada (Vogal Non Exercente da Xunta de Goberno).

    Ao acto, que tivo lugar nas instalacións do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, asistiron diversas personalidades como: Dª Lara Méndez (Alcaldesa de Lugo), D. Álvaro Santos (Deputado de Relacións Institucionais), Dª Sonsoles López (Deputada de Promoción Económica e Social), membros da Xunta de Goberno, numerosos colexiados do Colexio de Lugo e representantes de diversas institucións da cidade e da provincia.

    Este novo servizo adopta unha fórmula pioneira en España, ao desenvolverse con apoio institucional e no que 95 graduados sociais da provincia, prestarán de forma gratuíta a lucenses en situación de vulnerabilidade e con escasos recursos, asesoramento en materias como: pensións de xubilación, invalidez, non contributivas, prestación por desemprego, reclamacións salariais ou despedimentos, autoemprego, relacións ou conflitos laborais, dereitos a axudas sociais, etc.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=051111647edb4842903e80a64b8c5d8d.jpg

     

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.