Presentación do libro "Sistema de Dereito Procesual Laboral"

    Categorías:

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=30a9b8faf15a49338eae592f1683ad9a.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=923e85e7708d454787b240299714f251.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=5e311a90438c4fa9b547975990989dd6.jpg[/slide]

    Na tarde do 16 de decembro, tivo lugar nas instalacións da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña, o acto de presentación do libro "Sistema de Dereito Procesal Laboral" cuxo autor é o Maxistrado da Sala do social do TSJ de Galicia, Ilmo. Sr. D. José Fernando Lousada Arochena.

    Ao numeroso acto asistiron D. Jesús Vázquez Forno, Director da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña, Dª Susana Soneira Lema, Presidenta do Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, e D. José María Santiago García, Responsable da Escola de Práctica Laboral e Vocal Exercente da Xunta de Goberno desta Corporación.

    Esta obra, constitúe un curso completo do Dereito Procesual aplicado na Xurisdición Social, que a través de 506 páxinas e en 40 capítulos faise un percorrido completo do procedemento na Xurisdición Social, dunha maneira pedagóxica e á vez critica, con rigor científico e de forma práctica dáse a coñecer dunha forma diferente dos manuais ao uso este importante campo do dereito. 

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].