Etiquetas:
Na mañá do 14 de xullo, tivo lugar na Aula Magna da Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol, o acto de presentación do "IV Anuario dá Facultade de Ciencias do Traballo", obra divulgativa da problemática presentada polas relacións laborais na sociedade dende a perspectiva xurídico-laboral, psicolóxica, económica ou sociolóxica, con especial atención ao estudo e desenvolvemento das relacións laborais en Galicia.
O acto estivo presidido pola Vicereitora do Campus de Ferrol, Dª. Araceli Torres Miño e o Decano da Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol, D. Moisés Alberto García Núñez. Tamén interviñeron, D. José Luis López Fernández, Profesor colaborador de Economía Aplicada da Universidade da Coruña, Dª. María Asunción López Arranz e a nosa compañeira Dª. María del Pilar Millor Arias, ambas as dúas Profesoras colaboradoras de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade da Coruña.
En representación do Colexio asistiu Dª. Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación, acompañada de D. Roberto Barros López, Vogal Exercente da Xunta de Goberno do Excmo Colexio Oficial de Graduados Sociaies da Coruña e Ourense.