Presentación do anuario 2022 do Foro Económico de Galicia

    Categorías: Etiquetas:

    O pasado xoves 28 de xullo, o Foro Económico de Galicia presentou no Reitorado da UDC, o seu anuario de 2022. A edición deste ano, recolle achegas de destacados catedráticos de economía das universidades galegas e outros expertos, ademais dunha entrevista en exclusiva a Nadia Calviño, Vicepresidenta Primeira do Goberno de España e Ministra de Asuntos Económicos e Transformación, na que analiza a situación do país desde a perspectiva económica.

    Durante o acto interviñeron: Julio Abalde Alonso, Reitor da Universidade da Coruña (UDC); Diego Calvo Pouso, Vicepresidente segundo da Xunta de Galicia e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes; Imelda Capote, Delegada Especial en Galicia da Axencia Tributaria; Emilio Pérez Nieto, Presidente do Foro Económico de Galicia; Santiago Lago Penas, Director do Foro Económico de Galicia; Fernando González Laxe, Membro do Comité Executivo do Foro Económico de Galicia e catedrático da UDC, e José Luis Gómez, Editor do Anuario 2022. 

    A este espazo emblemático de análise plural, académico, pero tamén empresarial e xornalístico; asistiu Noelia Tomé Martínez, Interventora/Contadora do Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=334d6c6a9e7d4f8792c8386285448c82.jpg

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.