Categorías:
O Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense acolleu na tarde do 2 de xuño a presentación da cuarta edición do libro Sistema de Dereito Procesual Laboral, unha obra de referencia no ámbito xurídico-laboral, actualizada coas últimas novidades lexislativas e xurisprudenciais ata febreiro de 2026.
O acto foi presentado por José Lage Cerviño, presidente do Colexio, quen deu a benvida aos asistentes e presentou aos autores da obra: Fernando Lousada Arochena, maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e Raquel Naveiro, maxistrada da mesma Sala e coordinadora e docente do Máster Práctico en Xurisdición Social da ERLAC.
Durante a presentación abordáronse as principais novidades incorporadas a esta nova edición, que mantén o seu enfoque práctico na análise da Xurisdición Social e do Procedemento Laboral, consolidándose como unha publicación de consulta habitual para graduados sociais e demais profesionais do ámbito laboralista.
A actividade tivo tamén difusión na axenda informativa da cadea COPE na Coruña, contribuíndo a ampliar a visibilidade das iniciativas promovidas polo Colexio e a achegar a actualidade xurídico-laboral á sociedade galega.
