Presentación da Campaña contra "O acoso sexual no traballo"

    Categorías: Etiquetas:

    D. Cándido   Sanisidro López, Interventor-Contador desta Corporación,  asistiu, en representación da mesma, ao acto de firma do convenio contra “O acoso na contorna Laboral” e a presentación da campaña que a desenvolve, que tivo lugar na mañá do 25 de xuño,  na Cidade da Cultura Monte Gaiás en Santiago de Compostela.

    Este convenio, asinado pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia, a Unión de Profesionais de Galicia e a Asociación Galega de Auditores Socio-Laborais (Agaxen), pretende elaborar un protocolo que protexa as mulleres, vítimas de acoso, en empresas de menos de dez traballadores. Un grupo xurídico externo, analizará os indicios e remitiraos a empresa empleadora, co fin de conseguir que exista unha tutela real das vítimas, evitando así que acaben deixando o traballo ou pedindo unha baixa ante a falta de resposta.  

    A presentación desta importante iniciativa, estivo presidida por D. Alfonso Rueda Valenzuela, Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; D. Antonio Macho Senra, Presidente de Unión Profesional Galicia; D. Martín Bermúdez de la Ponte, Presidente do Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia; Dª María Ángeles García Pérez, Presidenta de AGAXEN, Dª Susana López Abella, Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta. Así mesmo, e para finalizar o acto, contouse coa intervención de Dª. Ángeles Carmona  Vergara, Presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a1f2ff94be9f4770bc0957e979134cb7.PNG

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].