Presentación campaña Declaracións Informativas 2018 da AEAT

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do 12 de decembro e convidados pola AEAT, D. José Ramón Lage Cerviño, Vicesecretario do Colexio, asistiu á presentación da campaña de “Declaracións informativas 2018”.

    Na reunión celebrada na sala de xuntas da AEAT, os representantes dos colexios de Economistas, Xestores Administrativos, AEDAF e o Colexio de Graduados Sociais; foron informados pola Delegada Especial da AEAT, Dª  Imelda Capote Martín, o Delegado Rexional de Informática e a Responsable de Declaracións Informativas, das novidades na tramitación destas declaracións anuais.

    A AEAT organizará actos públicos nas súas dependencias durante o próximo mes de xaneiro de 2019, para dar a coñecer a todos os profesionais a campaña de informativas 2018. Con todo na web da AEAT, existe información sobre as novidades máis significativas das Declaracións Informativas 2018.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=041a885b6fc34aa4a0bbd1ae9603d7a1.jpg

    Independentemente de toda a información facilitada pola Axencia, cabe apuntar que se mantén un ano máis, o prazo de presentación do modelo 347 ata o 28 de febreiro.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=e3e51c91beb746c1b0e06cf10fb106f0.jpg

     

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración, visitando a política de cookies. política de cookies.