Pleno e actos institucionais do Consello Xeral en Barcelona

    Categorías: Etiquetas:

    O pasado día 02 de xullo de 2021, celebrouse en Barcelona a reunión Plenaria do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España, á que, como é habitual, asistiu Susana Soneira Lema, Vicepresidenta 2ª do Consello Xeral, e neste caso  tambien asistiu Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º desta Corporación en representación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.

    A xornada comezou coa visita ao Parlamento de Cataluña e o recibimento institucional por parte da súa Presidenta, Laura Borràs i Castanyer; para posteriormente trasladarse ao Hotel Barceló da cidade Condal, onde tivo lugar a celebración do pleno, no que se debateron numerosos asuntos relacionados coa profesión.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=f21c018e35d344d5b73f40a3bca0cd58.jpgUn día extenso, que terminou cunha magnífica cea organizada polo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Barcelona, contando coa presenza do seu Presidente, Carlos Berruezo del Río, e de varios membros da súa Xunta de Goberno. 

    Á finalización da mesma, Ricardo Gabaldón Gabaldón, fíxolle entrega ao presidente do Colexio catalán, dunha placa en agradecemento de todos os presentes polos brillantes actos organizados.

    Varios Colexios quixeron igualmente ter un detalle institucional individualizado co Colexio barcelonés, entre eles o noso, que fixo entrega da súa Figura Institucional, unha obra cerámica, manufacturada, única e xenuína da Artesanía Galega, creada polos prestixiosos "Oleiros de Buño” da localidade coruñesa de Malpica de Bergantiños, galardoados coa Medalla de Ouro de Belas Artes e cun gran recoñecemento a nivel nacional e internacional, onde manteñen viva unha actividade secular que fala da cultura e do estilo de vida dos galegos, motivo polo que este Colexio decidiu que, fosen estes artesáns os encargados da súa confección.

    A nosa figura, representa a xustiza, a través dos pratos da balanza, e o traballo, mediante o símbolo da roda  dentada, todo iso superposto sobre a forma da comunidade de Galicia, da que forma parte o Colexio, ao ter como ámbito territorial dous das súas catro provincias, A Coruña e Ourense..

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=45ec5f149f634c38810f2f57c8eacb63.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=b347bbabe1874413abd02b3c0abc8729.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=1489f8e0057f4c17a18f692d453009d7.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6797e658ed344282bce9c41552525d9e.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].