Participación na xornada "Axilidade Administrativa" (CEEG - Xunta Galicia)

    Etiquetas:

    Na mañá do martes 1 de xuño, celebrouse na cidade herculina a xornada sobre “Axilidade administrativa” organizada polo Club Empresarial e Executivo de Galicia (CEEG) e co apoio da Xunta de Galicia, na que se abordou o reto que supón para Galicia a posibilidade de converterse en referente en relación á simplificación administrativa, situando á Administración galega na vangarda de todo o Estado.

    Despois da inauguración do acto por parte de Francisco Conde López, Vicepresidente Segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, puidéronse presenciar varios debates interesantes por parte de persoas expertas, tanto do ámbito privado como do institucional.

    Atendendo á invitación do Presidente do Club Empresarial e Executivo de Galicia, Mario Barcenilla Moreno, asistiu en representación do noso Colexio Profesional, a Presidenta, Susana Soneira Lema.

    Se non puideches presenciar a xornada, podes volver facelo na seguinte ligazón:

    https://www.youtube.com/watch?v=j9aR-8fhOQU

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=cd66fd83f9fc46b4986ef35ae29d306a.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=fec1d14a062946d1bc0cd85ce6632399.jpg[/slide]

     

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].