O noso vicesecretario analiza na SER, medidas contra o absentismo laboral

    Categorías:

    Na mañá do 21 de maio, Juan Martínez García, vicesecretario do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, participou no programa “Neste momento nas Rías” da Cadena Ser, onde abordou a reunión mantida recentemente co conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, José González Vázquez, para analizar as medidas previstas ante o incremento do absentismo laboral derivado das baixas médicas en Galicia.

    Durante a súa intervención, Martínez destacou a necesidade de afrontar esta cuestión “desde o rigor e o detalle”, apostando polo diálogo entre administracións, empresas, traballadores e profesionais do ámbito laboral. Así mesmo, subliñou a importancia de reforzar a atención sanitaria e mellorar os mecanismos de seguimento e xestión das incapacidades temporais.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a7288116531a42818664e9c4588a0177.png

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.