Categorías:
Nota de prensa publicada o 28 de xaneiro de 2026 no diario A Opinión, na que o vicepresidente primeiro do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, David Doldán Palacios, alerta sobre as consecuencias da crecente dixitalización da Administración e o seu impacto no exercicio profesional e a desconexión dixital.
Na entrevista recóllese a preocupación do colectivo #ante a sobrecarga de avisos electrónicos e a automatización de procedementos administrativos, que inclúen notificacións en fins de semana e festivos. Esta situación dificulta a organización do traballo, afecta á conciliación persoal e profesional, e pode comprometer a saúde e o benestar dos profesionais. Por iso, o Colexio reclama unha regulación máis racional do sistema que respecte o dereito á desconexión dixital.
