Categorías:
O mércores 1 de abril de 2026, Celestino Vieites Sánchez, secretario do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, participou no programa “Noticias de Ourense” de Radio 5 – RNE.
Durante a súa intervención, destacou que proximamente os graduados sociais poderán xestionar trámites en liña directa coa Dirección Xeral de Tráfico a través dunha plataforma habilitada polo Consello Xeral de Graduados Sociais de España. Esta medida dá resposta a unha reivindicación histórica do colectivo.
