Categorías:
O mércores 24 de xullo, o Museo Centro Gaiás en Santiago acolleu a entrega das Medallas de Galicia 2024. En representación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, asistiu José Manuel Requeira Vázquez, o noso Interventor/Contador.
Estas medallas son a máxima distinción outorgada pola Xunta a quen destaca polos seus méritos nos ámbitos social, cultural e económico. O Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, abriu o acto cunha homenaxe aos mariñeiros falecidos nas augas Malvinas.
Os galardoados deste ano foron o actor Luis Tosar, a produtora Zaza Ceballos e a Academia Galega do Audiovisual. Desde o Colexio, nos enorgullece participar neste evento e felicitamos aos premiados polos seus destacados logros.
[slide][/slide]