Etiquetas:
O Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, representado polo noso Presidente José Lage Cerviño e o Vicepresidente 1º David Doldán Palacios, participou no XX Encontro Galego de Relacións Laborais, celebrado os días 7 e 8 de novembro en Guitiriz. Este evento, organizado polo Consello Galego de Relacións Laborais, reuniu a destacados expertos para analizar o futuro laboral en Galicia.
A Presidenta do Consello, Antía Sández Callejo, abriu o encontro xunto ao Maxistrado do Tribunal Supremo Antonio Sempere Navarro, quen abordou a recente aprobación dos ERTE relacionados coa DANA e continuou coa análise de varias sentenzas sobre negociación colectiva. A continuación, organizáronse mesas de traballo centradas no “Tempo de Traballo” e as “Novidades en Negociación Colectiva”
O venres presentáronse as conclusións e rendeuse homenaxe aos expresidentes Luis Caramés Vieites, Benigno Sánchez García, María Teresa Pedrosa Silva, Demetrio Fernández López e Verónica Martínez Barbero. Clausúraa estivo a cargo de Pablo Fernández López, Secretario Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, quen subliñou a relevancia de fortalecer as relacións laborais na nosa comunidade autónoma.
[slide]



[/slide]