Categorías:
Etiquetas:
O pasado xoves 16 e venres 17 de novembro, celebrouse en Santiago de Compostela o XIX Encontro Galego de Relacións Laborais, organizado polo Consello Galego de Relacións Laborais e ao que asistiu o noso Colexio Profesional.
Ademais das mesas de traballo, o acto contou coa Lección Maxistral do Catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social, Jesús Cruz Villalón. Así mesmo, presentouse o Informe sobre a situación Sociolaboral de Galicia 2022 por parte do equipo de autores. Na seguinte ligazón podedes descargar o citado informe. https://encontrogalegorrll.com/index.php/informe/
O noso Colexio Profesional ha estado representado polo Vicepresidente 1º, Cándido Sanisidro López.
[slide]
[/slide]