Categorías:
O venres 7 de febreiro, o presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, José Lage Cerviño, asistiu ao acto de xuramento dos novos xuíces destinados a Galicia, pertencentes á 73.ª promoción da Carreira Xudicial. A cerimonia, celebrada na Sala Primeira da sede do TSXG, foi presidida polo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, e contou coa presenza do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, así como representantes de colexios profesionais, autoridades civís e militares e familiares dos novos maxistrados.
Durante o acto, Díaz-Castroverde subliñou a importancia de fortalecer a independencia xudicial e recuperar a confianza cidadá no sistema. Pola súa banda, a xuíza Yasmina Pita González, en representación da súa promoción, reafirmou o compromiso dos novos xuíces cunha Xustiza accesible, equitativa e orientada á protección dos dereitos fundamentais.
[slide]

[/slide]