Categorías:
Na tarde do venres 7 de xuño, a Escola Universitaria de Relacións Laborais e Recursos Humanos, celebrou un emotivo acto de gradación para a XII Promoción de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos no auditorio da Fundación Barrié da Coruña.
O evento contou coa presenza da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, así como de profesores, familiares, graduados, amigos e persoal da ERLAC. Entre os asistentes destacados atopábase Noelia Tomé Martínez, vicepresidenta segunda do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, quen felicitou aos novos graduados polo seu logro e animounos a afrontar con ilusión e responsabilidade a súa nova etapa profesional.
Un dos momentos máis emotivos do acto foi a entrega do premio “José María Botana”, que recoñece o mellor expediente académico da promoción e está dotado dunha achega económica. Este ano, a premiada foi Natalia María Rodríguez Canle, quen recibiu o galardón de mans da nosa vicepresidenta.
[slide]



[/slide]