Categorías:
Durante a tarde do 24 de marzo de 2022, celebrouse a novena xornada do noso Curso de Práctica Xurídica de Actuación Profesional ante os Órganos Xudiciais e Tribunais de Xustiza da Orde Xurisdicional Social, onde levou a cabo unha mesa redonda sobre: “Modificación substancial das condicións de traballo”.
A charla foi presentada e moderada por Guillermo Hermida Grandío, Responsable da Escola de Práctica Laboral do Colexio, que deu paso aos tres intervenientes na mesma:
- Emilio Fernández de Mata, Maxistrado da Sala do social do TSXG.
- José Carlos Bouza Fernández, Graduado Social e Avogado.
- Sandra Ríos Bouza, Avogada da área de Dereito Laboral de Vento Avogados & Asesores.
