Novidades IT e Pensión Xubilación

    Categorías:

    O pasado 26 de xuño, celebrouse no Salón de Actos do Colexio, unha xornada sobre as Novidades da Incapacidade Temporal 2014 e puntos controvertidos na Pensión de Xubilación.

    O curso foi presentado por Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación e por D. José María Santiago García, Responsable da Escola de Práctica Laboral, que despois da súa intervención, deu paso a D. Roberto López Vázquez, Director do Centro de Atención e Información da S.S. número 2 do INSS da Coruña, que desenvolvo o seguinte programa:

    Novidades Incapacidade Temporal 2014 (nova redacción Artigo 131 BISS LGSS)Causas de Extinción:

    • Alta proposta con menos de 365 días:
    • Inicio IP Art. 128 LGSS
    • Inicio IP Instancia de
    • parte Esgotamento de prazo
    • Puntos controvertidos na Pensión de Xubilación
    • Incompatibilidade: Traballo, sector público, altos cargos, prestacións/indemnizacións compensatorias por cesamento, suspensión e efectos das cotizacións.
    • Compatibilidade: Xubilación parcial, flexible, activa, Colexios Profesionais, traballos por conta propia con ingresos inferiores ao SMI e titularidade do negocio.

    Esta conferencia foi retransmitida pola Intranet do Colexio, a todos os colexiados que se inscribiron nesta modalidade.

            

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.