Categorías:
Durante as tardes do 19 e 20 de febreiro, celebrouse no Salón de Actos do Colexio, un curso práctico sobre “Actualización Fiscal 2020”.
Ambos os días, a xornada estivo presentada por D. Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º e Secretario Xeral deste Colexio Profesional, e impartida por Dª Remedios Vázquez Gil, Xestora na Sección de Renda, Unidade de Comprobación e Liquidación da Administración da AEAT de Santiago de Compostela; que durante máis das 8 horas previstas, realizou unha exposición teórica das recargas por declaracións presentadas fóra de prazo, as recargas do período executivo, sancións, aprazamentos, fraccionamentos das débedas tributarias e as notificacións en materia tributaria, combinando dita exposición con exercicios e supostos prácticos da materia.
