Nota de prensa: Webinar sobre a "Xestión de traslados internacionais"

    Categorías: Etiquetas:

    O 16 de setembro celebrouse en formato en liña o webinar sobre a “Xestión de traslados internacionais” que tivo como obxectivo explicar os pasos para seguir cando un traballador sofre un accidente laboral ou necesita asistencia médica fora de España.

    A xornada foi inaugurada por Noelia Tomé Martínez, Vicepresidenta 2ª do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense. En representación da mutua contamos coa presenza de Carlos Chairos, Director Rexional de Galicia e con Belén Estévez Costas, directora de FREMAP na Coruña, quen ademais actuou como moderadora da sesión.

    A xornada foi impartida por Daniel Álvarez Martínez, Director de FREMAP Santiago Compostela, que ofreceu aos asistentes unha visión práctica e actualizada para axudar a empresas e despachos profesionais a xestionar eficazmente este tipo de situacións.

    Esta xornada completarase coa que se celebrará o 8 de outubro sobre o manexo do Sistema Delt@ para a xestión dos partes de accidente de traballo. Será tamén en liña e estará impartida  por Enrique Gómez Casares, técnico da Dirección Xeral de Servizos de FREMAP.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=471947ae62de4c91be892329a634f701.jpg

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].