Nota de prensa: Taller práctico de Renda 2020. Nivel avanzado

    Categorías:

    O noso Colexio Profesional celebrou durante os días 22, 24 e 29 de marzo, un “taller práctico de Renda 2020 (nivel avanzado)”, exclusivo para colexiados e empregados de despachos, sobre todas as novidades tributarias do 2021 a cargo de Mª Remedios Vázquez Gil, Graduada Social colexiada e Xestora na Sección de Renda, Unidade de Comprobación e Liquidación.

    O acto, presentado pola vicesecretaria do Colexio, Lucia Sanjurjo López, contou coa participación dun centenar de colexiados e entre outros temas falouse da Campaña de Renda 2020 con cambios normativos e técnicos, novidades tributarias na Lei de Orzamentos Xerais do Estado, rendementos do traballo persoal, ganancias e perdas do patrimonio do contribuínte, cambios menores, xurisprudencia e últimas consultas.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=531fbe8f5e864bb9bdc94f1d4282b1fb.jpg

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.