Categorías:
Durante a mañá do venres día 12 de maio celebrouse, na Universidade de Santiago de Compostela, unha xornada sobre a “Violencia e acoso nas relacións laborais”, organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais coa colaboración da Facultade de Relacións Laborais de Santiago e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.
A Xornada, que tivo unha gran acollida por parte de profesionais e alumnos, contou coa asistencia de Cándido Sanisidro López, Tesoureiro desta Corporación, que participou como moderador durante unha dos relatorios.
[slide]



[/slide]
O programa desenvolveuse da seguinte maneira:
09:30 Inauguración
Antía Sández Callejo, Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais
Silvia Moscoso Ruibal, Decana da Facultade de Relacións Laborais da USC
Cándido Sanisidro López, Tesoureiro e Responsable da Comarca do Barbanza do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense
09:45 Os retos sobre acósoo sexual, laboral, por razón de sexo e identidade nos centros de traballo
Lourdes Mella Méndez, Catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da USC
Modera: Dámaris Cadrado González
Debate
10:30 Novidades xudiciais en materia de acoso sexual, laboral, por razón de sexo e identidade nos centros de traballo
Dalila Dopazo Blanco, Maxistrada do Xulgado do Social de Lugo
Modera: Alejandro Villanueva Turnes
Debate
11:15 Pausa-café
11:45 Presentación do protocolo polos axentes sociais
Interveñen representantes de CIG, SN de CCOO de Galicia e UXT-Galicia, e da CEG
Modera: Cristina Fabeiro Varela
Debate
12:30 O papel da inspección de traballo en materia de acoso sexual, laboral, por razón de sexo e identidade nos centros de traballo
Mónica González Otero, Inspectora de Traballo e Seguridade Social
Modera: Cándido Sanisidro López
Debate
13:15 Clausura