Categorías:
Etiquetas:
Durante a tarde do día 23 de abril, celebrouse no Salón de Actos desta Corporación, unha xornada para explicar as principais novidades a ter en conta á hora de confeccionar a Declaración do Imposto da Renda das Persoas Físicas 2018 (IRPF).
Presentou a conferencia, Dª Lucía Sanjurjo López, Vogal Exercente da Xunta de Goberno deste Colexio, e desenvolveu a relatorio Dª Eva Palacio Martínez, Inspectora de Facenda e Xefa Rexional adxunta de Xestión Tributaria de Galicia, que tras a súa exposición, respondeu a todas as cuestións expostas polos presentes, así como aos colexiados que seguían o curso vía streaming.
[slide]

[/slide]