Nota de prensa: Xornada sobre: Liñas de axuda para o colectivo autónomo

    Categorías: Etiquetas:

    A Subdirectora Xeral de Emprego, Mª Belen Liste Lázara, presentou hoxe no Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense as seis principais liñas coas que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a apoiar o traballo autónomo, as contratacións nas empresas e en entidades da economía social. O acto foi presentado por Guillermo Hermida Grandío, responsable da Escola de Práctica Laboral desta Corporación.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=3957a1a44e9745a3ae171f4a8c6fe919.jpg

    Tras o noso primeiro escrito na que solicitabamos unha reunión para pedir a esa administración pública que, á hora de publicar normativa, principalmente convocatorias de subvencións en concorrencia competitiva, téñanse en conta as necesidades e dereitos do destinatario, facilitando que os prazos de solicitude comecen en horas habituais de traballo, propiciouse unha primeira reunión entre os máximos responsables dos tres colexios de Graduados Sociais, A Coruña e Ourense, Lugo e Pontevedra na que se forxou a proposta de celebración desta Xornada. 

    Nesa reunión solicitamos que os prazos nos permitan, aos profesionais, realizar unha análise previa da situación de cada un dos nosos clientes, reunir a documentación e pedir as representacións correspondentes.

    O fin último das nosas demandas foi facilitar a conciliación familiar e laboral e garantir o dereito á desconexión dixital dos Graduados Sociais e dos traballadores dos nosos despachos.

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].