Nota de prensa: Xornada sobre o novo sistema de cotización RETA

    Categorías: Etiquetas:

    O pasado día 7 de febreiro celebrouse de forma en liña, unha Xornada sobre o novo sistema de cotización RETA - RDL 13/2022 que foi seguida por máis dunha centena de colexiados.

    Presentou a xornada, Guillermo Hermida Grandio, responsable da Escola de Práctica Laboral desta Corporación que dió paso aos encargados de desenvolver esta nova normativa:

    • Miguel Planas Roca, Director Provincial TGSS A Coruña.
    • Sigrid Salgado González, Subdirectora Provincial de Xestión Recadatoria.   
    • Roberto Balado García, Xefe de Servizo de Xestión descentralizada e Sistema REDE.

    Por mor da masiva asistencia á retransmisión e dada a importancia da materia, esta mesma xornada repetiuse o venres día 10 de febreiro.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=ad85ec69a1224291a5087148d522cba9.jpg

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.