Categorías:
Etiquetas:
O pasado día 15 de novembro celebrouse o webinar sobre “A delimitación Xudicial do Accidente de Traballo” coa participación de Fremap.
O obxectivo do mesmo centrouse na evolución do concepto de accidente de traballo atendendo ás diferentes modalidades contempladas polo artigo 156 da LGSS e a consideración que do mesmo outorgou a doutrina do Tribunal Supremo e dos diferentes Tribunais Superiores de Xustiza.
A xornada foi presentada por Guillermo Hermida Grandío, Coordinador da Escola de Práctica Laboral do Colexio de GGSS da Coruña e Ourense e Carlos Chairos Santos, Director Rexional de FREMAP en Galicia, que tras unha breve introdución deron paso aos relatores:
- José Luis Velázquez Sánchez, Licenciado en Dereito pola Universidade de Oviedo. Master en Prevención de Riscos Laborais. Avogado dos Colexios de Avogados de Madrid e Alacante. Coordinador Nacional da Asesoría Xurídica de Prestacións de FREMAP (22 anos traballando en FREMAP e actuando como relator e profesor en diversas Universidades e Colexios profesionais).
- Mª José Dobarro Otero, Xestora e formadora de FREMAP e ligazón co ISSGA.
