Categorías:
Etiquetas:
Durante a tade do día 25 de abril, celebrouse ultímaa das conferencias incluídas dentro do Ciclo de Incapacidade Temporal organizado coa participación de Fremap.
Neste caso, a xornada foi presentada por Noelia Tome Martínez, Interventora desta Corporación e a temática centrouse no Absentismo laboral, ausencia dunha persoa ao seu posto de traballo, en horas que correspondan a un día laborable, dentro da xornada legal de traballo, desenvolvendo os aspectos fundamentais da xestión da incapacidade temporal, causas e solucións.
A coordinadora foi Mª José Dobarro Otero, Xestora e formadora de FREMAP e, neste caso, a relatora foi Dª Elisa Pendás Pevida. Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Oviedo, con Posgrao en Dirección Estratéxica, Marketing e Comercialización por ESADE. Leva 23 anos en FREMAP onde foi directora das oficinas de Villaviciosa de Odón e de Leganés. Desde outubro de 2010 responsable nacional Área de Xestión do Absentismo en FREMAP.
