Categorías:
Etiquetas:
Durante a mañá do 16 de xuño de 2022, desde o Salón de actos da Delegación Especial da AEAT en Galicia na Coruña, o noso Colexio Profesional colaborou coa Axencia Tributaria e Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos, na realización dunha xornada formativa sobre “Servizos de información e asistencia. Administracións Dixitais”.
A xornada estivo presentada por Imelda Capote Martín, Delegada Especial da AEAT de Galicia; Reyes Casabella Mouta, Representante UPTA e Guillermo Hermida Grandío, Coordinador da Escola de Práctica Laboral do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, que despois de saudar aos asistentes (presenciais e por vía telemática) e realizar unha breve introdución, cederon a palabra aos relatores: Pablo Meijide Doval, Administrador da ADI de Vigo e Imelda Capote Martín, Delegada Especial da AEAT de Galicia, que deron a coñecer a existencia e o funcionamento das ferramentas de asistencia virtual da Axencia Tributaria para dinamizar a atención a autónomos, pemes e profesionais tributarios.
[slide]


[/slide]