Categorías:
Etiquetas:
O día 10 de maio de 2022 celebrouse na ERLAC unha sesión informativa sobre Saídas Profesionais dos graduados e graduadas en Relacións Laborais que contou cun elevado número de asistentes.
En representación do Colexio de GG. SS. asistiron, a iniciativa do director da Escola Jesús Vázquez Forno, a interventora Noelia Tomei Martínez, e Jose Lage Cerviño, vicepresidente segundo.
Ambos expuxeron as diferentes saídas profesionais que actualmente teñen os graduados sociais.
Ademais, explicouse aos asistentes cales son as principais funcións do noso Colexio profesional e así mesmo brindouse a oportunidade de acollerse á figura do " precolegiado", para poder gozar de todos os servizos e empezar a formar parte xa da nosa familia con carácter previo ao exercicio da profesión.
A todos os asistentes fíxoselles entrega dunha información elaborada polo persoal do noso Colexio cun código QR para poder acceder á sección de inscrición.
[slide]
[/slide]