Nota de prensa: Xornada Laboralista en Pontevedra

    Categorías: Etiquetas:

    O Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra, celebrou o pasado día 10 de outubro, as III Xornadas Laboralistas organizadas en colaboración coa Fundación Xustiza Social do Consello Xeral de Graduados Sociais.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=3a4979f732e54375b9769fccf769cd4d.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=2b96d0e2021243848f550db3091b68d0.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=0bba68a784be4e0fa67c636732b4e682.jpg[/slide]

    A presidenta do Colexio da Coruña e Ourense e vicepresidenta 2ª do Consello, Susana Soneira Lema, foi a encargada de clausurar estas xornadas. Na mesa presidencial estivo acompañada por Elena Mancha Montero de Espinosa, directora xeral de RRLL da Xunta de Galicia; Jaime Aneiros Pereira, concelleiro Concello de Vigo; Raúl Eugenio Gómez Villaverde, presidente do Colexio Pontevedra; e María Belén Fernández Docampo, vicedecana de Relacións Laborais e Recursos Humanos e coordinadora de Grao.

    As normas de dereito transitorio e a aplicación práctica das reformas de seguridade social, a cualificación do despedimento en IT. Influencia da Lei 15/2022 e a problemática actual da contratación dos fixos descontinuos foron os tres temas tratados neste encontro. Como relatores interviñeron Xema Quintero, profesora da Universidade Carlos III de Madrid, Concepción Esther Morais, maxistrada da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, e Germán María Serrano, maxistrado decano dos Xulgados de Vigo.

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].