Nota de prensa: Inauguración XXIV Escuela de verano del Poder Judicial

    Categorías: Etiquetas:

    Durante a tarde do día 5 de xullo celebrouse no Pazo de Mariñán, o acto de inauguración da XXIV Escola de Verán do Poder Xudicial ao que asistiron en representación do Colexio, José Ramón Lage Cerviño e Noelia Tomei Martínez, Vicepresidente 2º e Interventora - Contadora do colexio, respectivamente.

    Abriu o acto o presidente do CGPJ que cedeu a palabra ao presidente do Consello Reitor da Escola de verán do poder xudicial e vogal do CGP, JJuan Manuel Fernández, que leu o discurso de benvida, lembrando expresamente á Maxistrada falecida Vitoria Cinto Lapuente.

    Este ano a Escola de Verán do Poder Xudicial analizará a relación entre América e España en asuntos como emigración e dereitos fundamentais. A continuación tomaron a palabra os presidentes da Xunta, Deputación da Coruña e do CGPJ. Finalizando o acto cun viño nos xardíns do Pazo de Mariñán.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=279205f6c2fe45d7a722ebc47278b30e.jpg

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.