Nota de prensa: "I Encontro Galego de actuantes do AGA"

    Categorías: Etiquetas:

     

    O pasado día 21 de febreiro celebrouse o I Encontro Galego de Actuantes do AGA, en conmemoración do Día Europeo da Mediación, que recorda a aprobación o 21 de xaneiro de 1998 de la Recomendación R(98)1 do Consejo de Europa dunha resolución que supuxo un impulso salientable no uso e fomento de mecanismos de solución de conflitos e litixios para o logro de acordos amigables e con menor custo económico e social.

     

    Este Encontro, no que participou a Presidenta deste Colexio Profesional, Susana Soneira Lema, quere ser un encontro das persoas que exercen a mediación e a arbitraxe ao abeiro do AGA coas entidades vinculadas ao mundo laboral en Galicia: organizacións sindicais e empresariais, empresas, órganos da xurisdición social, Inspección de Traballo e da Seguridade Social, universidades, Colexios de Graduados Sociais, profesionais da Avogacía e persoas interesadas, coa finalidade de compartir experiencias e reflexionar sobre unha cuestión hoxe de máxima actualidade: a mediación, un dos medios adecuados de solución de controversias (MASC).

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a228c2b329ba438db87f7bfb32d9c7b7.jpg

     

    O Encontro realizouse a través da plataforma Zoom e desenvolveuse conforme o seguinte programa:

     

     

    • 16:00 Inauguración. Breve presentación do Encontro.

    Benvida por parte das organizacións asinantes do AGA.
    Interveñen representantes dos sindicatos CIG, UGT-Galicia e SN de CCOO de Galicia, e da Confederación de Empresarios de Galicia- CEG

    • 16:30 Conferencia Mediación: un cambio de paradigma necesario para a mellora da relación laboral

    Lourdes Arastey Sahún Maxistrada do Tribunal Supremo – Sala do Social
    Modera: Elena Mancha Montero de Espinosa Directora Xeral de Relacións Laborais na Xunta de Galicia.

    • 17:15 Coloquio
    • 17:30 Que é unha boa reputación na negociación?

    Saúdo de Thelma Butts - Facilitadora. Formadora. Consultora. Directora de Butts Associates, empresa especializada na prevención, xestión e resolución de conflitos.

    Presenta: Marisa Peña Cebreiro Presidenta en funcións do Consello Galego de Relacións Laborais

    • 17:40 Mesa redonda: Os procedementos de solución autónoma de conflitos de traballo. Experiencias:

    Demetrio Ángel Fernández López Director Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia

    Carlos Doménech de Aspe Ex Mediador do AGA Asunción López Arranz Mediadora do AGA en prácticas

    Modera: Marisa Peña Cebreiro

    • 18:30 Coloquio
    • 18:45 Clausura do Encontro

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].