Nota de prensa: Gran Recollida de alimentos 2022

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do día 30 de novembro, procedeuse á entrega de alimentos que se recolleron na nosa sede colexial, ao Banco de Alimentos Rias Altas, tras a magnífica resposta á chamada para esta campaña.

    Fixeron entrega aos voluntarios do Banco de Alimentos, a presidenta do Colexio, Susana Soneira Lema e Guillermo Hermida, Vocal Ejerciente da Xunta de Goberno.

    Desde o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, queremos agradecer a todos os colexiados que dunha maneira ou outra colaboraron tan xenerosamente coas súas doazóns para esta gran recollida, que sen dúbida, vai dar un pouco de alegria a moitas familias necesitadas.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=43b1fbaeead64ab498e6e94793cd8a39.JPG[/slide]

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.