Nota de prensa: Entrega premio XII Concurso de Debuxo

    Categorías: Etiquetas:

    O pasado día 13 de decembro celebrouse no Salon de Actos do Colexio, a entrega do premio á autora do debuxo gañador da XII edición do Concurso de Debuxo que esta Corporación organiza todos os anos. O debuxo gañador protagonizará a felicitación do Nadal desta Corporación a todos os colexiados e entidades colaboradoras. 

    Nesta ocasión a premiada foi Aitana da Torre Carril de 10 anos que recibiu o seu premio de mans da presidenta do Colexio. O resto de nenos participantes tamén recibiron un obsequio en consideración á súa participacion cos seus debuxos. 

    Para finalizar o acto, serviuse un chocolate con churros para os asistentes.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=4844423db06e4e77aeddf2448ce48ecf.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=9d59c5a5f4fd4f4196353902d2474937.jpg[/slide]

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.