Nota de prensa no diario "Quincemil"

    Categorías: Etiquetas:

    Letrados de xustiza de Galicia e de toda España seguen en folga desde o pasado martes e hoxe reuníronse co xuíz decano da Coruña, o decano do Colexio de Avogados e a presidenta do Colexio de Graduados Sociais. Este mércores está previsto que teñan un encontro co presidente da Audiencia Provincial, Ignacio Picatoste, e onte entrevistáronse á súa vez co presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde e co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes.

    O obxectivo era trasladarlle as súas reivindicacións, motivos e consecuencias deste parón que xa está a paralizar os tribunais a nivel nacional. Os afectados critican o incumprimento por parte do Ministerio de Xustiza dos acordos asinados coas asociacións profesionais no mes de abril, entre os que se atopan o da adecuación salarial, conforme ás competencias e responsabilidades atribuídas a este corpo desde 2009 e o do recoñecemento a unha negociación colectiva propia.

    Segundo os convocantes  (A Unión Progresista de LAJ (UPSJ), a Asociación Independente de Letrados (AinLAJ) e o Ilustre Colexio Nacional de LAJ), a folga está a ter un seguimento maioritario e provocou a suspensión de miles de xuízos así como a paralización dos asuntos en trámite e de millóns de euros depositados nas contas xudiciais correspondentes a indemnizacións, pensións alimenticias, depósitos para recorrer...

    "O éxito ou fracaso desta folga sen dúbida afectará os profesionais do dereito e ao resto dos operadores xurídicos, algúns deles coñecedores directos dos incumprimentos por parte do Ministerio de Xustiza", trasladaron os manifestantes, que o pasado xoves se manifestaron nos Xulgados da Coruña .

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].