Categorías:
Etiquetas:
Para culminar os actos dos ultimos días, celebrouse a tradicional Cea de confraternidade no Restaurante Arbore da Veira, sito no Monte de San Pedro desta cidade.
Previo á cea, dá comezo o secretario do Colexio, Miguel Ángel Domínguez Losada, que tras a benvida a todos os presentes solicita a presenza da presidenta do Colexio da Coruña e Ourense e do presidente do Consello Xeral para os actos de acto de entrega de insignias e distincións aos colexiados incorporados a durante o ano 2022 e aos que cumpren 25 anos de colexiación, tras o acordo tomado na xunta de goberno do día 13 de xullo de 2023.
Os colexiados egresados durante o ano 2023 foron os seguintes:
- Mª Yolanda Bao Freire
- Susana Caramés Santiso
- Javier Viqueira López
- Sara Seoane Viaño
[slide]


[/slide]
Recibiron a figura institucional como colexiados con 25 anos de permanencia nesta Corporación, os seguintes colexiados:
- Diana Botana García
- Sara Beatriz Costela Viña
- Sagrario García Castro
- Guillermo Hermida Grandío
- José Noya Rodríguez
- Ángel Manuel Varela Rodríguez
[slide]




[/slide]
Igualmente, a Xunta de Goberno acordou facer entrega dunha figura de Sargadelos a D. Manuel Vázquez Regueira, en recoñecemento aos seus anos de dedicación ao Colexio, como secretario da Xunta de Goberno.

Seguidamente a presidenta Dª Susana Soneira dió un emotivo discurso e dedicou unhas palabras de agradecemento a todos os presentes, cedendo a palabra ao presidente do Consello Xeral para clausurar estes actos de entrega de distincións, e facendo entrega dun obsequio ao noso Colexio, que foi recollido pola presidenta do mesmo,Susana Soneira Lema.

Unha vez finalizada a cea, algúns dos Presidentes dos Colexios de Graduados Sociais doutras provincias, agradeceron tambien as atencións recibidas facendo entrega a Susana Soneira, de distintos obsequios ao Colexio.
[slide]






[/slide]
Nesta ocasión, para amenizar o evento contamos coa actuación do grupo Xurxo Fernándes, que co seu espectáculo mostro aos asistentes o esconxuro da queimada e a musica tradicional galega.

Posteriormente celebrouse o habitual sorteo entre os colexiados, dos agasallos cedidos polas empresas colaboradoras, para dar paso xa a un animado baile.