Celebración da nosa Asemblea Xeral Ordinaria 2022

    Categorías: Etiquetas:

    Na tarde do 23 de marzo, celebrouse no salón de actos do Colexio a nosa Xunta Xeral Ordinaria.

    Susana Soneira Lema, Presidenta do Colexio, saudou aos asistentes e deu inicio á Asemblea, cedendo a palabra ao Secretario Xeral, Miguel Ángel Domínguez Losada, que procedeu á lectura da acta e á presentación do borrador da memoria anual 2021.

    Continuando coa Orde do Día, o Tesoureiro, Cándido  Sanisidro López, presenta as contas do exercicio anterior, así como o orzamento para o ano 2022.

    Seguidamente, toma a palabra a Presidenta para expoñer os actos e o desenvolvemento do Colexio durante o exercicio 2021 e informar, así mesmo, da situación na que se atopan as xestións realizadas en prol dos intereses dos colexiados.

    Finaliza o acto coa intervención dalgún dos colexiados asistentes e o agradecemento por parte dos compoñentes da mesa presidencial.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7b40cfd131b14e378f606185dd3d5a1e.JPG

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].